Welcome to WordPress. This is your first post. Edit or delete it, then start writing!
As Pitas por CPR Cristo Rey
Xoves de biblioteca e Letras
Desde o CPR Compañía de María de Ferrol partilhan este especial Letras Galegas 2020.
Kamishibai sobre Carvalho
Desde a biblioteca escolar do CPR Valle-Inclán de Ferrol chegan estes traballos de kamishibai (forma de contar historias que se orixinou en templos budistas xaponese no século XII), para contarnos sobre Carvalho Calero.
Antón Cortizas e Leandro Lamas asisten á representación.
Aquí quedan os fantásticos debuxos da historia.
O conto para as/os máis miúdas/os
Desde o CPR Ludy de Ferrol chéganos este fermoso vídeo no que as mestras de Educación Infantil len o conto ao seu alumnado. Obrigadísimos e parabéns.
Debido ás excepcionais circunstancias nas que nos atopamos neste maio de 2020 por mor da epidemia do COVID-19 non se puideron levar a cabo moitos dos proxectos que desde a nosa Asociación se fan cada ano. Neste caso ían ser grandes e diferentes, pois o noso profesor e filólogo era, por fin, o homenaxeado neste ano 2020.
E así foi como naceu hai un ano a idea de “As Pitas Baixo a Choiva”. Para as escolas, as familias, para a sociedade. Após da súa exitosa estrea no Teatro Jofre o pasado 23 de febreiro, a publicación e difusión do paquete (CONTO, CD e UD) quedou no aire.
Porén cremos que as mestras e mestres, o alumnado, as familias, asociacións, a sociedade, deben poder aceder a todo o traballo feito. De acordo con Edicións Embora decidimos compartir, de balde a través desta plataforma, o material audiovisual para que, se considerades, tiredes proveito á hora de realizar algunha que outra actividade sobre Ricardo Carvalho Calero.
Adiante pois, saúde e LINGUA.